miércoles, 9 de noviembre de 2011

Versión III: Knocking On Heaven's Door

Unha das miñas versións favoritas sen lugar a dubida é este "Knocking on Heaven's Door" composta polo gandisimo músico e poeta americano Bob Dylan para a película Pat Garrett y Billy The Kid de 1973. Músico de quen falamos, e de quen xa comentamos outra das suas cancións aqui, na 2ª entrada de versións.

O grupo de hard rock americano Guns N' Roses, coa sua formación orixinal, no seu cuarto álbum, Use Your Illusion II, grabaron unha versión desta canción chegando a ser máis coñecida a sua adaptación que a orixinal.

Inda que Dylan sexa o autentico autor deste fermoso tema, para o meu gusto a versión neste caso supera a orixinal, e non se pode falar dela sen escoitala.



E como non, para facer a comparación a orixinal de Bob Dylan http://youtu.be/cJpB_AEZf6U

No hay comentarios:

Publicar un comentario