miércoles, 2 de noviembre de 2011

Versión II: All along the watchtower

All along the watch tower publicada no álbum John Wesley Harding de 1967, é unha canción composta por Bob Dylan, músico, cantante e poeta americano, unha das figuras máis importantes da música durante mais de cinco décadas, e considerado un dos compositores e músicos máis influintes e prolíficos do século XX.

É a canción que máis veces tocou (e continua tocando) Dylan en concerto, ademáis de ser unha das cancións máis versionadas da historia. Un tema que é unha clara denuncia da realidade social, onde "ten que haber unha saida".

Pero sen duda, a mellor versión desta canción está feita por Jimi Hendrix, guitarrista, cantante e compositor americano, e incluida no álbum Electric Ladyland de 1968. All along the watchtower, polo mellor guitarrista da historia do rock and roll, e considerada a mellor versión feita xamais.

Nada máis que dicir que escoitar a obra destes dou xenios, deixo a letra por se lle queredes botar un ollo. Letra.



E se queredes comparar coa orixinal, aqui vai a de Dylan. http://youtu.be/swbcFnkeMwE

No hay comentarios:

Publicar un comentario