jueves, 10 de noviembre de 2011

Disco recomendable IV: Led Zeppelin IV

A pesar de que chegamos un par de días tarde, máis vale tarde que nunca para comentar o que aconteceu un 8 de novembro de fai 40 anos. Si ledes ben, fai 40 anos publicouse un dos discos máis influintes da historia.

Falamos do disco Led Zepellin IV que é o cuarto álbum da banda inglesa de rock Led Zeppelin, lanzado en 1971 e chamado asi pola carencia de título. A banda estaba formada polo guitarrista Jimmy Page considerado como un dos máis grandes, influintes e versátiles guitarristas da historia; polo baixista e teclista John Paul Jones considerado como un dos mellores da historia; o batería John Bonham considerado como un dos mellores baterias pola sua forma unica de tocar, moi distinta a da época, máis dura, a revista musical Gigwise incluiuno no primeiro posto dos 50 mellores baterias da historia; e por o cantante Robert Plant considerado por moitos uns dos mellores e máis influnites vocalistas da historia do rock.

Inda que poida parecer chiste, cada un dos membros da banda, no seu ámbito é considerado como un dos mellores da historia do rock e dos máis influintes. Isto debese en parte, a que inda hoxe, trinta anos despois da disolución da banda pola morte do bateria John Bonham, o grupo sigue sendo todo un referente no rock, e unha das bandas máis influintes da historia.


A ausencia de nome no disco comprendese facilmente con esta cita de Jimmy Page: "Rematamos fartos das reaccións sobre o tercer álbum, a xente dicindo que solamente éramos un montaxe. Así que dixemos: '¡Saquemos un álbum sen título!' De ese modo, a xente gustaralle ou nada".

O resultado superou as espectativas, converteuse no mellor álbum da banda e no cuarto máis vendido da historia según a RIAA (Recording Industry Association of America).

Esta obra de arte conten temas tan coñecidos da banda como Black Dog, Rock and Roll, ou a xenial canción de Stairway to Heaven, que comenza cunha fermosa balada e vai subindo ata conevertirse nunha explosión de enerxia co que moitos consideran o mellor solo da historia.

E como non, non podemos falar dela sen escoitala.



Por se sodes tan curiosos coma min, a letra traducida. Letra

No hay comentarios:

Publicar un comentario