lunes, 7 de noviembre de 2011

Disco recomendable III: A night at the Opera

A night at the Opera publicado en 1975 é o cuarto álbum de estudio da banda britanica de rock Queen, formada en 1971 polo guitarrista Brian May, o cantante Freddie Mercury e o batería Roger Taylor, e coa incorporación do baixista John Deacon o ano seguinte. Consideraselles unha banda dunha gran influencia no desenvolvemento do hard rock e do heavy metal. A sua actuación no conceto de Live Aid en 1985 considerase a mellor actuación de Rock da historia.

Mediante este disco a banda conseguiu o exito a nivel mundial. O disco toma o nome da película dos irmáns Marx Unha noite na ópera. Foi nomeado o decimo terceiro mellor disco da historia pola cadea de televisión Channel 4. Sempre asociado a canción Bohemian Rhapsody, tema que presenta unha estructura inusual, máis similar a unha rapsodia clásica que a unha canción de rock. A canción non ten estribillo e consta de seis seccións: a introducción a capela, unha balada, un solo de guitarra, un segmento operístico, unha sección de rock e unha coda que retoma o tempo e a tonalidade da balada.

Unha canción fermosa e un autentico espectáculo músical de disco co cal é imposible quedarse indeferente. Sen máis disfrutade dela.



Para que coñezaces máis sobre o disco, deixovos enlazados os videos do documental de Queen sobre o disco A night at the Opera, moi recomendados, case un delito perdelos:

Parte 1: http://youtu.be/j5fBFV_LO3k
Parte 2: http://youtu.be/joi21nEODrA
Parte 3: http://youtu.be/gPbMq-4Gnvk
Parte 4: http://youtu.be/L7jz4KWi5rM
Parte 5: http://youtu.be/0eSc4XN4Lgk

No hay comentarios:

Publicar un comentario