miércoles, 19 de junio de 2013

Arctic Monkeys teñen novo tema


Sabiamos que Arctic Monkeys estaban a preparar algo e hoxe, con Do I wanna know?, chega a confirmación. O tema, que a efectos prácticos xa podemos considerar adianto oficioso do que será o quinto traballo de estudio da banda, acaba de saír á venda en iTunes sen comunicado ningún por parte da banda. De súpeto, sen explicacións, sen máis datos.

Do I wanna know? é consecuente coa traxectoria recente dos Monkeys; as guitarras afiladas de R U mine? están aí, tamén o son denso case stoner de Don't sit down 'cause I moved your chair. E os coros, moi presentes en Suck it and see, teñen aquí un protagonismo capital. Parece probable que o tema forme parte do novo disco da banda, mais para sabelo con certeza teremos que agardar á confirmación da banda, que actualmente se atopa de xira mundial (pasarán polo FIB o próximo mes). Polo de agora, a canción pódese adquirir en iTunes e xa ten vídeo oficial en YouTube, co que te deixamos a continuación.

viernes, 14 de junio de 2013

Versión de Over the hills and far away

Xa fai máis de dous anos que o gran guitarrista norirlandés Gary Moore nos abandonou súbitamente en terras malaguesas, e hoxe, sen máis motivo que calquer outro día, queremos recordar un dos seus grandes temazos. Como ven sendo habitual neste blogue, veremolo dende dous puntos de vista, orixinal e versión posterior.

A orixinal, como non podía ser doutra forma, pertence a este xenio das seis cordas, falamos do tema que compuso no ano 1986, "Over the hills e far away". Un tema potente e motivador, que abre o disco Wild Frontier, (o título fai referencia, que non versión, a canción de mesmo nome incluido no 5º disco de Led Zeppelin, Houses Of The Holy de 1973). Un temazo!!



Continuamos coa versión, realizada no 2001 pola banda finlandesa de power metal e metal sinfónico Nightwish, lanzada como single, é un claro homenaxe ó guitarrista. Mantendo a estructura da canción orixinal, parecen facer seu o clásico de Gary Moore. Unha versión moi ben levada, cunha voz impresionante.



Persoalmente prefiro clásico frente a versión, pero sen duda, calquera das duas son dous grandes temazos.

martes, 11 de junio de 2013

Versión de Mrs. Robinson

Hoxe veremos unha versión dun clásico de Simon & Garfunkel, o Mrs. Robinson feita dunha forma peculiar pola banda de rock alternativo, e tamén americana, The Lemonheads.

No ano 1992, mediante esta adaptación do clásico Mrs. Robinson conseguiron acadar o seu maior éxito como banda, convertindose este tema no seu single máis coñecido.

Unha forma distinta e máis rockera de contarnos a historia da señora Robinson.


A orixinal por Simon & Garfunkel

miércoles, 5 de junio de 2013

Novo disco de John Fogerty

John Fogerty, o exlíder da banda de rock americana Creedence Clearwater Revival presenta novo disco en solitario, o noveno dende a disolución da mítica banda.


Este novo álbum chamado "Wrote a song for everyone" producido por el mismo, aparecen 12 dos grandes clásicos do artista e dous temas novos ("Mystic Highway" e "Train of Fools"). A exepción dos temas inéditos, as versións de grandes clásicos de Foguerty foron grabados coas colaboracións de grandes artistas, da talla de Foo Fighters, Keith Urban, Miranda Lambert, Tom Morello, Zac Brown, My Morning Jacket, Kid Rock, Bob Seger, Dawes, Jennifer Hudson, Allen Toussaint, Alan Jackson, Dawes ... e xunto os seus fillos Shane y Tyler Fogerty grabou o clásico de "Lodi" nos estudios de Abbey Road de Londres.

Según propias palabas do músico: "Animei a cada artísta a mirar coa sua propia visión estas cancións, e non a imitar as versións orixinales."



A lista de cancións cos colaboradores:
1.Fortunate Son - con Foo Fighters
2.Almost Saturday Night - con Keith Urban
3.Lodi - con Shane & Tyler Fogerty
4.Mystic Highway
5.Wrote a Song for Everyone - con Miranda Lambert e Tom Morello
6.Bad Moon Rising - con Zac Brown Band
7.Long As I Can See the Light - con My Morning Jacket
8.Born on the Bayou - con Kid Rock
9.Train of Fools
10.Someday Never Comes - con Dawes
11.Who'll Stop the Rain - con Bob Seger
12.Hot Rod Heart - con Brad Paisley
13.Have You Ever Seen the Rain - con Alan Jackson
14.Proud Mary - con Jennifer Hudson, Allen Toussaint e a Rebirth Brass Band

martes, 4 de junio de 2013

Lemmy e as versións

En máis de unha ocasión temos falado de Lemmy Kilmister neste blogue, e máis de unha nos temos contido, falando dun dos seus temas máis famosos, ou do seu grupo anterior e da curiosa forma na que esa andanza rematou. Esta lenda viva do rock, levanta paixóns ala onde vai, como reflexaba o documental "Lemmy, 49% motherfucked, 51% son of a bitch".


Ós seus 67 anos, non só conta cunha enorme lista de discos publicados, senon tamén de colaboracións, aparicións en películas e en televisión. Nesta ocasión queríamos facer un pequeno repaso doutra das facetas deste exepcional músico, compositor e incrible letrista, a sua teima por versionar grandes cancións. Xa vos adiantamos que a lista é larga, e merece a pena da primeira a última.

Blue Suede Shoes de Elvis Presley.

Tie Your Mother Down de Queen.

It's A Long Way To The Top de AC/DC.

Enter Sandman de Metallica.

Desire de Ozzy Osbourne.

Hardcore de Twisted Sister.

Nothing Else Matters de Metallica.

Shout It Out Loud de Kiss.

The Trooper de Iron Maiden.

Back In The USSR dos Beatles.

Stand By Me de Ben E. King.

viernes, 24 de mayo de 2013

Danko Jones + Bombus.

O pasado sábado 18 de Maio de 2013 os canadienses Danko Jones deron o penúltimo concerto da súa xira europea en Santiago de Compostela, un servidor estivo alí.

 Ás 20:30 agardaba relixiosamente nas portas da Sala Capitol co meu compañeiro e chofer nesta aventura, Fabián. Aí foi onde apareceu John Calabrese, baixista de Danko Jones, para saudarnos amigablemente e aceder a sacar unha foto con nós, primeira sorpresa agradable do que nos esperaba.

 Os responsables da Capitol cumpriron e ás nove abriron as portas, entro, merco unha camiseta e directo para a primeira fila.


Os actuais compoñentes de Bombus
O tempo pasaba e pasaba e a sala parecía baleira, de feito non o parecía: Estaba prácticamente baleira. Ás dez as luces apagan e saen Bombus ó escenario, os suecos que actuaron como teloneiros nesta xira europea. Son cinco os compoñentes deste grupo: baixo, dúas guitarras, e batería. Os encargados de poñer a voz nas cancións eran os guitarristas. Calificaría o seu estilo como heavy metal, empezan con Biblical: música lenta, pesada e contundente, pero cando escoitamos Apparatus xa non é tan lento, mais segue sendo pesado e contundente. Na terceira ou cuarta canción JC senta diante das barreiras e fai que nos animemos e espabilemos algo máis, aplaudindo e interactuando co grupo e co público da primeira fila. Para cando van acabar con Into The Fire a sala xa estaba chea e o público máis animado, inda que a súa música non acabou de entrar e non se viron mozos tolear facendo headbanging . Nótese que o baixista nos videos non é o mesmo (supostamente o de Apparatus e Into The Fire son o mesmo, pero moito non se parecen; o actual é o que sae no video de Apparatus) e o cambio nótase, o baixista actual non se queda quedo no escenario como fai o seu predecesor en Biblical, este móvese e interactúa cos compañeiros. Nótese tamén que, se ben non se aprecia nos videos, o batería é un fodido crack e non son o único en dicilo. En resumo: inda que non foron máis alá, queceron ó público antes de que chegase o verdadeiro espectáculo... e que espectáculo!

 
J C en Santiago
 Despois de que se recollesen os bártulos de Bombus (sobretodo a batería, que estaba posta diante da de Atom) Danko Jones tomaron posicións: J C á dereita do escenario, Atom coa batería ó fondo e sobre tarima (o típico, vamos) e Danko á esquerda. Sen presentarse comeza o concerto con Had Enough e xa sabemos que nos espera ó longo do concerto: Un bo directo cos tres compoñentes entregándose ó máximo. Na seguinte canción (Play The Blues) confirmo o que sospeitaba: J C é brutal é está terriblemente subestimado, pasou todo o concerto dando chimpos, movéndose, facendo xesto cara o público, cantando con nós; un crack, non hai máis que dicir. O directo deste grupo é incrible, e non o digo como fan obsesivo que son, realmente sentín que nunca antes escoitara Danko Jones e as poucas veces que me xirei para ver como estaba o resto da sala agradoume o que vin: todo o mundo entregado e disfrutando do concerto. Como xa falei de J C (en serio, enorme) e penso falar máis tarde de Atom, imosa falar de Danko Jones, o home que pon nome e cara a Danko Jones; Danko é un animal no escenario, un home cun comportamento moi definido, simpático, atrevido. O primeiro que fai despois do típico saludo (falou por pimeira vez despois de Play The Blues) é botarnos a bronca «levamos doce anos tocando en España e nunca antes tocaramos en Santiago, iso é unha p*** m****, como non me abucheades? Abucheademe!» e por se algún non entendeu o seu inglés (con acento canadiense, que tantos problemas me deu coa miña profesora) fainos xestos para que baixemos os polgares como se nun anfiteatro romano estivesemos.

 
Foto en Portugal (por Image do Som), pero vale para ver que o vive.
Despois disto seguiu a botarnos a bronca «por que non estades sacando todos fotos? Todos tendes móbiles. Despois desta canción non van ter batería, porque ides pasar toda a canción clic clic clic, sacando fotos sen parar. Isto é un concerto de Danko Jones, que esperabades?», o gracioso acerca dese comentario é que hai unhas tres semanas un crítico fixo unha crítica negativa ós seus concertos por ser un ególatra e non calar en todo o concerto. A canción que ía facer que descargasemos as baterías dos nosos teléfonos era Sticky Situation, e cando acabou volveu a botarnos a bronca, ou mellor dito botoulla a un único espectador «ei, ti. Si, ti, o que non para de mandar mensaxes. Eu estou aquí (fai xestos) desvivindome na canción e ti (imita a alguén mandando mensaxes) tiqui tiqui tiqui, tecleando sin parar, espabila». Tampouco se pode olvidar un clásico cando toca en España «¡mi nombre es Dan Cojones!», inda que eu lle intentara explicar na páxina de Facebook que en galego da o mesmo.

 E paso a comentar o máis destacado das seguintes cancións que tocaron: First Date, con esta conseguiu que todo o público cantase, posiblemente sexa a súa canción máis coñecida, e os coros son moi sinxelos; Just a Beautiful Day, esta si que é diferente en directo, como non é capaz de alcanzar o ton en «day» (ou ese supoño eu que é o motivo) cantaa doutro xeito e faina máis grave. Full of Regret ou Carallo, como se nota que cambiamos de batería, porque Atom leva pouco máis dun ano coa banda e por primeira vez nos directos de Danko Jones pódese escoitar un solo de batería que encaixa perfectamente na canción, Atom: outro máquina máis. Lovercall ou, Na que Danko nos fala dos seus atributos (se non sabedes de que atributos falo, botade un ollo aquí e aquí) «esta é unha canción sobre sexo oral, pero non calquer tipo de sexo oral, non, sexo oral feito a unha muller».
O cartel que fixo que se cambiase a setlist.
Invisible ¿que? ¿Invisible? ¿pero cantos anos levaban sen tocala? ¿estaba na setlist sequera? Non, e iso fai a Danko Jones grande, máis aínda; un home amosoulle un cartel e a resposta de Danko foi «sabes, tío? Non íamos tocar esa canción, pero molestacheste en facer o cartel, ímola tocar» e unhas cinco cancións máis tarde Danko fixo honor á súa palabra.


 Despois de I Believed in God retiráronse antes de volver para os bises (que non mereciamos, que pouco se berrou) que foron I Think Bad Thoughts, Legs e Mountain. Na primeira desviouse da canción, e cando nos quixemos dar conta tiñanos tarareando a toda a sala Iron Man, de Black Sabbath. Na segunda Bombus colocaronse diante das barreiras e dérono todo, catro suecos facendo headbanging ó mesmo tempo (mágoa que non haxa video) e parando para intentar coller a Danko ou a John dende abaixo «para os do fondo da sala, que non podedes velo, Bombus están aquí diante intentando foder con nós». E con Mountain... pois que dicir? A súa canción máis persoal, nunca recopilada nun album de estudio e que cerra tódolos seus concertos, nela contanos como vai ascender ó monte máis alto e unha vez alí se vai encontrar con (insertar nomes de grandes rockeiros falecidos) ademais de ensinarnos o seu mantra para subirse a autoestima.

 Remata o concerto, ovación xeral.

 Bonus Track: Despois do concerto quedamonos pola sala e tivemos oportunidade de falar con Bombus e J C (do que por certo teño a súa muñequera) e tiven oportunidade de sacar unha foto con Atom (na que teño os ollos cerrados) todos moi agradables. Entereime de que Bombus van sacar disco novo «in August», haberá que comentalo por aquí cando chegue o momento.

 Vou concluir sendo obxectivo (e non un fan obsesivo): foi un moi bo concerto, un grupo como ten que ser: que gañe nos concertos, non ó contrario. Oxalá sigan dando concertos en salas pequenas, inda que lles desexo o mellor e os escenarios grandes tampouco se lle dan mal, pero xa sabedes, cousas diferentes.

viernes, 17 de mayo de 2013

Always Somewhere ou «como cheguei a odiar a Scorpions»

Si, odio Scorpions, polo menos unha pequena parte de min faino. Non pensedes mal, Scorpions son un grupazo (moito máis que as arquicoñecidas baladas Still Loving You ou Wind Of Change ou que a cañeira Rock You Like A Hurricane), pero cando un grupo fai o que fixeron cabrean bastante. Que que fixeron? Explico. Lynyrd Skynyrd son un grupo de rock estadounidense... O nome soavos, non? minipunto Que a algún non lle soa?*GOLPE DE REMO* E se digo Sweet Home Alabama? Agora si, non? (Dato: saber o nome dun grupo non é tan díficil, tamén sei que os de Cherry Pie son Warrant). Ao que íamos, que xa se sabe o moito que me desvío, entre outras cancións teñen unha xenial chamada Simple Man (bueno, xenial para min, para gustos cores). Scorpions ten unha canción chamada Always Somewhere que se parece moito... moito máis do que me gustaría.




Por suposto, podedes pensar que se me vai, que son moi radical ou que Always Somewhere é mellor que Simple Man, pero como estou escribindo eu mellor remato cunha para que quedemos todos contentos.