miércoles, 15 de mayo de 2013

Versión de Space Oddity dende o espacio!

A pesares de que as versións son un tema moi recurrente neste blogue, nunca tivemos unha de tanta altura. Falamos do clásico "Space Oddity" de David Bowie, versionado polo astronauta Chris Hadfield, dende a Estación Espacial Internacional (ISS), a primeira versión grabada no espacio.


Dende decembro levaba o comandante Chris Hadfield na ISS (primer canadienese en camiñar polo espacio, o único canadiense en entrar na Mir e o primeiro canadiense en ser comandante da ISS), e non atopou mellor forma de despedirse que ser o primeiro en grabar unha canción no espacio, tan só voz e guitarra, e hai que dicir que o fai moi ben. Pode ser que a nosa opinion se deba as impactantes vistas e a guitarra flotando, pero hai que señalar que se trata dunha moi boa realización .

Este videoclip está causando furor nas redes sociales dende que o propio astronauta o colgara deste xeito: "Con deferencia ó xenio de David Bowie, aquí está Space Oddity, grabada na estación. Unha última mirada ó mundo."

No hay comentarios:

Publicar un comentario