lunes, 13 de mayo de 2013

Escoita enteiro Random Access Memories, o novo disco de Daft Punk

Contabamos con que chegase o próximo 21 de maio mais, sen aviso previo, Daft Punk están a ofrecer o seu novo e esperadísimo álbum, Random Access Memories, en streaming gratuito en iTunes, probablemente como resposta á filtración do traballo na rede hai só unhas horas. Os franceses lanzaron o primeiro single do álbum, Get lucky, hai preto dun mes, disparando con el a expectación que xa era de por sí moi alta. No adianto colaboraba Pharrell William, e o disco conta, ademais, coa participación de artistas de estilos tan variados como Giorgio Moroder ou Julian Casablancas.

Semella que, ademais, as bandas se apuntan cada vez máis a ofrecer os seus traballos en streaming en iTunes algúns días antes do lanzamento previsto. A semana pasada eran Vampire Weekend, que facían público Modern Vampires of the City, e hoxe son os franceses Daft Punk os que se suman a esta tendencia. E que sexan moitos máis.

Escoita o disco aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario