lunes, 13 de mayo de 2013

Versión Hallelujah

Semella difícil de contar o número total de versións feitas deste Hallelujah do xenial cantante, poeta e novelista canadiese Leonard Cohen. Un fermoso tema que acumula tributos en forma de versións. Foi publicada no disco Various Positions de 1985, e inda que poida parecer unha canción relixiosa polo seu título, nada máis lexos da realidade.

Conta a historia do Allelujah do rey David, pero tan só como punto de partida para abordar temas mais profundos. Amor, paixón, o traxecto dunha vida, e que incluso dos momentos de sufrimento pódese sacar unha pizca de sabiduría. A vida é tan fermosa e dura a par que nos empuxa a cantar de pé un frío e roto Allelujah.



Tras escoitar a obra deste xenial poeta ben se comprenden os intentos de versionalo. Un dos máis populares foi a cargo do músico gales John Cale, antigo membro de The Velvet Underground, quen en 1991 no álbum I'm your Fan, rendiu un ben merecido tributo o canadiense.

Pero a versión que vos deixará tan abraiados como a min, fixoa o cantautor americano Jeff Buckley para o seu álbum de debut de 1994 Grace. Está é a considerada para moitos a versión definitiva de este fermosisimo tema. Mellor non dicir nada, tan só escoitala.


Vos que opinades?

No hay comentarios:

Publicar un comentario