lunes, 22 de abril de 2013

God is Dead?, adianto do esperado disco de Black Sabbath

Gratamente sorprende este adiando da banda de Birmingham, moi esperando dende que anunciaran novo disco ala por xaneiro, e as espectativas están máis que xustificadas, xa que este supón o primeiro disco dende o Forbidden de 1995, e sobre todo o primeiro con Ozzy dende o Never Say Die! de 1978.


Demasiada espera para volver a escoitar a estos xenios, que no seu día revolucionaron a música. E despois de tanto tempo surxe unha pregunta moi obvia, ¿en que condicións volven?.

Pois volven con un adianto de 9 minutos chamado God is Dead?, un tema homenaxe a Nietzsche e a sua famosa teoría da morte de Deus. Un tema lógrebo, pesado, e potente, que demostra a perfección que Tony Iommi é un creador de riffs inmortais. Mención especial merece a voz de Ozzy, que sen ser nunca un exepcional cantante, dalle ese toque escuro que tanto se botaba de menos na banda.

Sen duda, promete moito este novo disco que levará o nome de 13, e que teremos que esperar ata o 11 de xunio para poder escoitalo enteiro. Ata entón teremos que ir abrindo boca con este xenial temazo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario