lunes, 15 de abril de 2013

Trailer do Appetite for Democracy de Guns N' Roses


Xa podemos ver o trailer do esperado Appetite for Democracy, que recolle o concerto dado por Guns N' Roses no Casino Hard Rock das Vegas a finais do 2012, e do Live in Era "87-93" publicado no 1999.

Grabado en 3D, estrenarase este mesmo verán en cines e en televisións de pago, ademáis de sair en DVD e Blu-Ray. Será a primeira grabación dun directo da banda dende o Use Your Illusion - Wold Tour Tokyo, de fai 21 anos.

Dende entón moito ten cambiado esta banda californiana, e non podemos dicir que para mellor, actualmente con tan só Axl Rose dos membros orixinales, está composta por Dizzy Reed, Tommy Stinson, Chris Pitman, Richard Fortus, Frank Ferrer, Ron Thal e DJ Ashba.

Este "Appetite for Democracy" semella unha boa forma de comprobar a calidade actual da banda, sorprenderanos para ben ou para mal. ¿Vos que opinades?

No hay comentarios:

Publicar un comentario