lunes, 4 de marzo de 2013

John Mayall precursor da invasión do blues inglés

John Mayall é considerado o precursor da invasión do blues inglés xunto a Alexis Korner, coa influencia de este músico inglés, poderíamos darlle unha boa volta a parte da história do rock, pero non sexamos ambiciosos, vaiamos por partes.

Nado no 1933, e inda en activo, este cantante, músico e compositor inglés fundou no 1963 un grupo que pasará a historia, The Bluesbreakers. Unha formación en constante evolución e pola que pasaron o redor de 100 músicos, e que contou con músicos tan importantes coma Eric Clapton, Jack Bruce, Peter Green, Mick Fleetwood, John McVie e Mick Taylor.

Esta banda John Mayall & The Bluesbreakers foi a alma máter de diversas formacións posteriores, coma Cream (formada por Eric Clapton e Jack Bruce [xunto a Ginger Baker]) ou Fleetwood Mac (creada po Peter Green, Mick Fleetwood e John McVie).

Un anaquiño de historia concentrada nas máns de este extraordinario músico inda en activo, que rompe o blues ala onde vai. Disfrutade do seu xenio e enerxía nun dos seus temas máis coñecidos, Room to move.

No hay comentarios:

Publicar un comentario