miércoles, 6 de marzo de 2013

Versión Hush de Deep Purple

Hoxe falaremos dun tema composto polo americano Joe South no ano 1967 para o cantante tamén americano Billy Joe Royal. Hush, un clasico do rock con toques do gospel, como ben mostra a frase "Hush, hush, somebody's calling my name", sacada das cancións tradicionais do gospel.


Un tema versionado en multitude de ocasións, pero sen lugar a dubida a version realizada no ano 1968 por os britanicos Deep Purple levase a palma. Foi inlcuida no seu álbum de debut Shades of Deep Purple, convertindose no single desde disco, e nunha das cancións máis coñecidas da banda.



Da multitude de versión sufridas por este tema, podemos rescatar outra que ben merece a pena. Data do 1997, e chegou a situarse no segundo posto nas listas británicas, falamos da versión feita pola banda británica de rock psicodelico Kula Shaker. Unha versión sen desperdicio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario