viernes, 1 de marzo de 2013

Escoita completo o novo disco de David Bowie


Desde esta madrugada e sen previo aviso está disponible en iTunes The Next Day, o novo e esperadísimo álbum de David Bowie. O disco é o primeiro do artista en unha década e o seu lanzamento estaba previsto para o próximo 11 de marzo. Desde a portada de iTunes pódese mercar o disco (en prevenda, non se descargaría até o 11 de marzo) e escoitar en streaming de balde.

O movemento de Bowie resulta sorprendente, pois é habitual que os grupos poñan os seus discos en streaming cando xa se filtraron e están circulando de forma ilegal por torrents, P2P e descargas directas. Porén, non é o caso; The Next Day aínda non se filtrara –cousa rara para os tempos que corren– e apenas coñeciamos un par de singles do disco –un deles o do vídeo que abre a entrada.

Para escoitar o disco debes ter instalado iTunes, disponible para Mac ou PC, e facer click aquí. Que o desfrutes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario