miércoles, 28 de noviembre de 2012

Dover tocará en concerto o Devil Came to Me

Dover é noticia, e poderedes pensar vos, ¿e que pinta esta banda aquí?. Pois ben, a banda española Dover, antigamente de rock, quere facer un homenaxe a sua época rockera mediante un concerto, onde interpretará en directo e ao completo o seu disco máis emblemático, o xenial Devil Came to Me.


Deste xeito a banda volverá ós seus orixes, inda que todo parece indicar que tan só por un día, o 8 de marzo na sala Sol de Madrid, polo precio de 15€ a entrada.

O álbum que homenaxearán está considerado como un dos mellores discos de rock en español. Publicado en 1997, é o segundo álbum da banda, co que lograron vender 800.000 copias.

Todo semella que Dover seguirá o camiño da música electrónica, aquel que tomaron no ano 2006 mediante o disco Follow The City Light e o famoso single Let Me Out. Un camiño moi afastado do que nos gustaría a moitos, xa que Dover cando era Dover molaba moito!

Sempre nos quedará o Devil Came to Me. Disfrutadeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario