martes, 27 de noviembre de 2012

Disco recomendable: The Dark Side of the Moon

Despois de moito tempo, voltamos coas entradas de discos recomendables, esas pequenas xoias da historia da música que non nos debemos perder. Voltamos cun álbum que marcou un antes e despois na carreira do grupo británico Pink Floyd, e na historia da música moderna.


The Dark Side of the Moon é o octavo disco desta banda británica de rock (psicodelico e progresivo), publicado en 1973, foi un éxito inmediato, sendo o disco máis vendido da banda con 50 millóns de copias vendidas (o 3º máis vendido da historia), e cun record inda en vigor, o disco que máis semanas seguidas estivo nas listas de ventas Billboard, 803 semanas (máis de 15 anos).

A banda, fundada en 1965 xa tiña unha enorme fama con anterioridade a este disco, onde o membro fundador, letrista e principal compositor Syd Barrett deixou a sua pegada. Pero o abuso de LSD provocoulle unha enfermidade mental, incapacitandoo permanentemente.

Neste álbum, Roger Waters asumiu o mando da faceta creativa, acompañado do batería Nick Mason e do teclista Richard Wright, e coa incorporación do guitarrista David Gilmour, evolucionaron hacia un son máis progresivo, innovando na súa música, afastandose un pouco da etapa anterior. Inda que a larga sombra de Syd Barrett non deixou de influenciar a banda, presente nos seus pensamentos, faise palpable no concepto do álbum, a loucura.

Un disco convertido en clásico, que nos deixa algunha das mellores cancións da banda, temas como Time, The Great Gig in the Sky, Money ou Us and Then. Disfrutade do disco completo no seguinte video.

No hay comentarios:

Publicar un comentario