jueves, 29 de noviembre de 2012

Versión de With a little help from my friends

Hoxe recordaremos todo un clásico do rock convertido en versión, falamos do xenial tema With a little help from my friends dos pouco alabados neste blogue The Beatles. Neste caso a versión corre a cargo do inglés Joe Cocker, de quen xa falamos na versión de Summer in the city.

A canción orixinal foi composta por Lennon e McCartney, e cantada por Ringo a petición dos seus compañeiros. Un fermoso tema que semella ser unha conversa entre o cantante e un grupo de persoas. Un enorme temazo incluido no disco (recomendado neste blogue) "Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band" de 1967.


Neste caso a versión data do ano 1968, cunha restructuración radical da canción, unha longa introducción instrumental e coa colaboración de Jimmy Page como guitarra solista, convirteuse no clásico que nos coñecemos, dispuntandolle a fama a orixinal.

Nos poderemos velo nun emplazamento idílico na historia do rock, o festival de Woodstock do 69, onde Joe Cocker, visiblemente afectado por algunha que outra sustancia, presenta a voz desgarrada e conmovedora a sua reinterpretación do clásico dos Beatles. Unha incrible interpretación de pasión e sentimento no escenario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario