martes, 20 de noviembre de 2012

O Celebration Day de Led Zeppelin xa a venta

Fixeronse de rogar, pero hoxe ao fin sae a venta o documental Celebration Day de Led Zeppelin en distintos formatos de audio e video.


Case cinco anos pasaron da celabración do concerto de reunión da banda inglesa, o 10 de decembro do 2007, onde o mítico grupo de rock Led Zeppelin subía ao escenario do O2 Arena de Londres como cabeza de cartel dun concerto homenaxe ao fundador de Atlantic Records, Ahmet Ertegun.

Facía 27 anos da morte do malogrado John Bonham, e da separación do grupo, pero a pesares do tempo e da falta do batería, os membros fundadores (Jimmy Page, Robert Plant e John Paul Jones) xunto a Jason Bonham á batería (fillo de John Bonham) deron un concerto único, que seriviu para magnificar a lenda dunha xa lexendaria banda de rock.

Un concerto antolóxico no que 20 millóns de persoas tentaron conseguir entrada, pero no que tan só 18.000 puideron disfrutar en vivo, gracias a un sorteo feito a nivel mundial entre todos os solicitantes.

Foron 16 os temas escollidos entre a extensa discografía para deileitar ao público, temas entre os que non faltan os grandes clásicos coma “Whole Lotta Love”, “Rock And Roll”, “Kashmir”, e “Stairway To Heaven".

A partires de hoxe mesmo, nos tamén poderemos disfrutar do concerto, nesta ocasión nas nosas casas. Disfrutadeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario