martes, 28 de agosto de 2012

Versión I'm a Man

I'm a Man é unha canción de rock & roll composta e grabada en 1955 por Bo Diddley, guitarrista e cantante americano de rhythm and blues. Foi versionada infinidade de veces, dende artistas tan famosos como The Who, Dr. Feelgood, The Yardbirds, ou Jimi Hendrix.

Máis recentemente, no ano 2008 unha versión deste tema saltaba a gran pantalla, da man dos franceses Black Strobe, na película inglesa RocknRolla. Un tema cunha enorme forza, e que recupera un clásico do rock dos anos 50.



Como sempre, a orixinal de Bo Diddley para que comparedes.

E por se queredes seguir comparando, aqui tendes a de The Yardbirds, e a de Jimi Hendrix.

No hay comentarios:

Publicar un comentario