viernes, 24 de agosto de 2012

Versión de You Really got me

Hoxe retomamos as entradas de Versións da mán do grupo inglés The Kinks e do seu "You Really got me", que serviu de precedente para a futura evolución do rock, en concreto para o desenvolvemento do hard rock, do punk e do heavy metal.

Pode parecer unha afirmación moi categórica, pero entendese fácil a influencia que causou ao dicir que falamos dunha canción de 1964, e ao escoitar ese sonido forte e distosionado das suas guitarras. Comprobadeo.


Probablemente, a versión neste caso supera en fama a orixinal, debido a que o grupo estadounidense Van Halen, introduciu a sua propia versión do tema no seu álbum de debut, co que conseguiron o salto a fama ala no ano 1978.

Unha versión que en nada desmerece a orixinal. Vos que opinades?

No hay comentarios:

Publicar un comentario