lunes, 3 de septiembre de 2012

A canción que provocou a Lynyrd Skynyrd para facer o Sweet home Alabama

Fai unhas semanas, concretamente o 25 de xullo falamos nesta entrada da canción Miña Terra Galega, versión feita por Siniestro Total do tema de Sweet Home Alabama.

Pois ben, esta canción feita por Lynyrd Skynyrd no ano 1974, foi escrita como contestación a dous temas do cantante canadiense Neil Young onde falaba do racismo e da escravitude no sur dos Estados Unidos.

Os temas en cuestión eran "Southern Man" e "Alabama", nestas cancións Neil Young fala dun home do sur (Southern man) que maltrata ós seus escravos, ademáis de preguntarse cando o sur compensará o dano causado e as fortunas logradas gracias a escravitude, concretamente en versos como "I saw cotton and I saw black, tall white mansions and little shacks. Southern Man, when will you pay them back?" (via algodón e via negro, altas e brancas mansións e pequenas chozas. Home do sur, ¿cando o devolverás?).



A resposta por parte do grupo de rock sureño Lynyrd Skynyrd non se fixo de esperar, crearon un tema que se convetiría en todo un himno do sur, chamado Sweet Home Alabama, un tema que ensalza o sentimento pola terra. Canción que se convirteu en todo un himno americano e que incluso medio mundo canta coa paixón do recordo do seu fogar.



O propio Neil Young, fora de crear polémica co intercambio de cancións, declarouse admirador do tema de Lynyrd Skynyrd, e do seu cantante.

Poderiamos dicir que gracias a Neil Young, podemos disfrutar do Sweet Home Alabama.

No hay comentarios:

Publicar un comentario