miércoles, 22 de agosto de 2012

Crazy Train de Ozzy Osbourne

Despois de que no ano 1979 Ozzy Osbourne fora despedido de Black Sabbath pola alarmante addicción as drogas e ao alcohol que sufria, foi reemplazado polo cantante Ronnie James Dio pertencente ata ese momento a Rainbow.

Foi neste momento de depresión e propio abandono, onde coa axuda da que sería a sua muller Sharon, logrou non consumir a sua vida e continuar coa sua carreira mediate un novo proxecto, Blizzard of Ozz, que posteriormente pasaría a ter o seu propio nome, Ozzy Osbourne.

Precisamente no tema Crazy Train, do seu primeiro disco xa fora de Black Sabbath chamado Blizzard of Ozz de 1980, relata a crisis persoal na que se viu sumido, boa mostra diso dan os versos "I'm going off the rails on a crazy train" (vou fora dos rais nun tren tolo) ou "I know that things are going wrong for me" (se que as cousas van mal para min).

Un dos temas máis coñecidos e significativos da banda coa que continua en activo o "Padriño do Heavy Metal".

No hay comentarios:

Publicar un comentario