viernes, 10 de agosto de 2012

Escoita (e mira) Unsustainable, o novo tema de Muse

Ultimamente non deixamos de falar de Muse por aquí, pero é que o lanzamento de The 2nd Law estase achegando e cada vez imos coñecendo máis acerca do disco. Hoxe filtrouse Unsustainable, vídeo incluido, acompañando á xa coñecida Survival como adiantos do álbum. Sendo así as cousas, cando chegue o oficialmente primeiro single do disco, Madness, o próximo 20 de agosto, xa coñeceremos tres das trece cancións que formarán parte do disco.
O vídeo en cuestión era un agasallo para os que encargaran a Deluxe Box Set, que xa está dispoñible en Muse.mu, pero non lles durou moito a exclusiva. O seguinte adianto, se non se filtra antes, de hoxe en dez días.

No hay comentarios:

Publicar un comentario