lunes, 28 de mayo de 2012

The passenger de Iggy Pop

Hoxe queremos compartir con vos unha estupenda canción do cantante americano Iggy Pop. Inda que o seu alcume indique o contrario, poderiamos dicir que este músico, compositor e cantante pouco ou nada ten que ver co xénero "pop", xa que o del é o punk. Considerado como un dos maiores innovadores do punk rock, apodano como o "Padriño do Punk".

Un dos temazos deste enorme artista é o tema "The Passenger", publicado en 1977 no disco Lust for Life onde colabora David Bowie como segunda voz. Basada na película italiana de 1975 "Professione: reporter", esta canción interpretase como a encarnación do espiritu nómada do punk.

O contraste dun magnifico riff de guitarra, coa profunda voz de Iggy Pop que comenza amodiño e vai collendo forza, crea este xenial e emocionante tema.

¡Disfutade da canción pasaxeiros!


Seguro que máis de un o escoitades case cada domingo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario