lunes, 28 de mayo de 2012

O novo disco de The Killers xa ten nome

Hai algúns meses contabamosvos por aquí que The Killers estaban a preparar disco e que sería lanzado neste 2012, posiblemente en verán ou inverno. Tendo en conta os últimos movementos, o máis probable é que o novo álbum chegue no periodo estival, pois o grupo ten unha xira (actuarán no madrileño festival Dcode) programada para esas datas que podería servir perfectamente de presentación do novo disco, pero ata que haxa confirmación oficial só poderemos facer elucubracións.
O que xa está confirmado é o nome do disco: o cuarto traballo de The Killers levará por nome Battle Born. Para o líder da banda, en declaracións a NME, "todos os americanos son loitadores natos". O nome do disco fai referencia ao estudo de gravación da banda, chamado da mesma maneira, e a Nevada, estado do que proceden.
O batería, Ronnie Vanucci, non dubidou en cualificar este álbum de "complicado". Abofé que así será, pois The Killers, segundo adiantaron, tratarán de combinar o son do seu último disco, Day & Age, que foi o que os levou á fama mundial, co dos seus comezos. Ademais, aseguraron que este disco recolle o mellor do que aprenderon nestes anos, collendo o mellor de cada un dos seus álbumes. Esperemos que sexa así.

No hay comentarios:

Publicar un comentario