martes, 29 de mayo de 2012

Hot for teacher de Van Halen

Tempo despois de adicarlle esta entrada sobre tapping á revolucionaria forma de tocar a guitarra do irmán pequeno dos Van Halen, Eddie, hoxe veremos como o seu irmán maior Alex tamén pode deixarnos abraidos, esta vez coa batería.



Así quedamos tras escoitar o comenzo do tema Hot for teacher publicado en 1984 no álbum de nome "1984". ¿O que sona é unha moto a "raletí"?. Non, resulta que é o doble bombo da batería o que crea este curioso efecto, ata que chega a guitarra de Eddie e nos transporta a un autentico temazo de hard rock, onde instrumentos e voz se xuntan a perfección para motivarnos e exaltarnos visualizando a esa suxerente profesora da que falan.

O videoclip foi o máis polémico da banda, que chegou a ser censurado por ser considerado non apto para menores. Un video ben simpático dun temazo que non vos podedes perder.

No hay comentarios:

Publicar un comentario