jueves, 31 de mayo de 2012

Hoxe comeza o Primavera Sound (e pódese seguir por YouTube)

Este serán comeza en Barcelona un dos festivais máis atractivos do panorama estatal. O Primavera Sound, que con esta leva xa 12 edicións, concentra no seu cartaz grupos do nivel de Franz Ferdinand, The Cure, The XX, Wilco ou Björk. Con nomes de tanto nivel resulta doado entender por que o Primavera Sound, aínda coa que está caendo, e cuns aboamentos nada baratos, medrará este ano en asistencia.
Se ti, coma nós, non podes asistir, traémosche boas noticias. A edición de 2012 do Primavera Sound trae consigo unha novidade, e é que algúns concertos (21, concretamente) serán retransmitidos vía YouTube no que se deu en chamar Primavera Salón. Poderemos disfrutar desde a casa dos concertos de grandes e consagrados grupos como The Cure, Wilco, Rufus Wainwright, The Drums ou The Rapture pero tamén de bandas que chegan pisando moi forte, como Spiritualized, Bigott, Veronica Falls, Wild Beasts ou Neon Indian, todos moi interesantes.
Non será como vivilo en directo, claro está, pero hai que velo polo lado positivo; menos colas, menos pisotóns e, desde logo, máis económico. Non se consola o que non quere. Deixámoste cos horarios para que sigas este serán (e mañá, e pasado) os concertos deste espectacular Primavera Sound 2012 a través da canle especificamente habilitada para o festival.


Xoves
18:20 – 19:20 Baxter Dury
19:30 – 20:30 Archers Of Loaf
20:40 – 21:40 The Afghan Whigs
21:50 – 22:50 Mazzy Star
23:00 – 00:20 Wilco
00:30 – 01:30 Refused
02:15 – 03:15 Spiritualized

Venres
18:00 – 18:45 Bigott
18:50 – 19:40 The Chameleons
19:50 – 20:50 Rufus Wainwright and his Band
21:00 – 22:00 Afrocubism
22:10 – 23:10 The Cure
00:50 – 01:50 The Drums
02:00 – 03:00 The Rapture
03:00 – 03:30 Death In Vegas

Sábado
18:10 – 19:00 Sharon Van Etten
19:00 – 19:45 Veronica Falls
20:15 – 21:15 Grupo de Expertos Solynieve
23:00 – 00:15 Saint Etienne
00:30 – 01:30 Wild Beasts
03:10 – 04:10 Neon Indian

Canle oficial | PrimaveraSoundTV

No hay comentarios:

Publicar un comentario