jueves, 31 de mayo de 2012

Unha anécdota sobre Lemmy Kilmister

Hoxe vamosvos contar unha curiosa anécdota que ten como principal actor o cantante, compositor e baixista inglés Lemmy Kilmister, de quen xa vos falamos un pouco na entrada de Ace of Spades.

Resulta que este home tivo unha carreira antes de formar Mötorhead, onde despois de uns primeiros anos de carreira durante os 60's en pequenos grupos do norte de Inglaterra deu o salto no 71 a banda Hawkwind. Unha banda inglesa de rock psicodélico (pioneira do chamado rock espacial) onde compaxinaba a faceta de baixista coa de cantante ocasional.

Pois ben, ala polo ano 1975, tras acadar o maior éxito da banda cun tema de Lemmy como cantante (Silver Machine), durante unha xira por Estados Unidos e Canada aconteceu unha historia case subrealista. A banda despediu a Lemmy por tomar drogas distintas as que tomaba o resto, o que según eles, lles resultaba moi difícil traballar xuntos, porque cada un estaba coa sua onda distinta. A banda con drogas psicodelicas (marihuana, fungos) e Lemmy con anfetaminas e speed.



Según o propio implicado, no documental que leva o seu nome (moi recomendable), os feitos sucederon deste xeito.
De camiño a Detroit, pararon para comer, el a causa das anfetas nunca tiña fame polo que foi dar unha volta. Nun edificio en construcción o golpearon deixando inconsciente. Cando recuperou a consciencia, roubaranlle todo o que levaba. Ao volver a ruta onde terían que estar os seus compañeiros o bus xa non estaba, a banda marchara sen el, abandonarano. Chegou ó hotel cruzando o estado de Michigan a dedo. Durmeu apenas duas horas e deu o concerto coa banda que o abandonara unhas horas antes.
O día seguinte en Canada, arrestarono por posesión de anfetaminas, onde botou dous días en prisión ata que lle pagaron a fianza. Pagouna a banda, tan só porque o seu sustituto non chegara para dar o concerto. Tocou con eles esa noite e as catro da maña o despediron.

Ese esnobismo polas drogas costoulle o seu posto na banda. Pero como non hai mal que por ben non veña, decideu formar o seu propio grupo, Mötorhead, co nome do último tema que compuxera para Hawkwind. Convertindose deste xeito nun dos grupos máis importantes no deselvolvemento do rock e do heavy metal. E nun músico convertido en lenda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario