viernes, 1 de junio de 2012

Festival Derrame Rock

Continuamos presentando os festivais que nos agardan este verán, despois de relatarvos fai un mes o que será o Festival Brincadeira - Rock in Cambre, hoxe tocalle o turno ó Derrame Rock que se celebrará o 28, 29 e 30 de xuño na cidade de Ourense.

Durante eses tres días, no recinto deportivo de Oira poderemos disfrutar dun enorme festival onde o rock é a esencia de todas as bandas nacionais e estranxeiras asistentes. Co cartel xa pechado, poderemos ver grupos da talla de Los Suaves, Loquillo, Sepultura, Rosendo, Los Enemigos, Avalanch, Heredeiros da Crus. Xa repartidos por días, quedarían deste xeito:
Xoves
Los Suaves, Gatillazo, Miguel Costas, Kambotes, O Sonoro Maxín, Festicultores, Cuchufellos, Ulträqäns e Bad Busted Cream.

Venres
Loquillo, Sepultura, Banda Bassotti, Burning, Hamlet, El Último Ke Zierre, The Toasters, Vita Imana, Dr. Explosión, Los Chikos del Maíz, Machina, Novedades Carminha, Deniro, Clockwork, Switchtense, Ramoms, Motörhits e Internationale Hardcore All Stars

Sabado
Los Enemigos, Rosendo, Heredeiros da Crus, Bad Manners, Reincidentes, Gustavo Cordera, Avalanch, Angelus Apatrida, Non Servium, Habeas Corpus, Dakidarria, Manolo Kabezabolo, Forraje, Zënzar, Moticondrias e Metallica Tributo.


Tendes todos os precios das entradas dipoñible na páxina do festival, aquí en concreto, e moita máis información na páxina principal.

Un festival que non vos podedes perder, anotade ben a data, e ¡larga vida ó Rock!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario