martes, 29 de mayo de 2012

The Vaccines presentan No Hope, adianto do seu novo álbum

Non ten que ser fácil para un grupo como The Vaccines enfrontarse a un segundo disco. O primeiro, What did you expect from the Vaccines era un LP divertido e asequible para o oído, pero nacía con data de caducidade na tapa: perdía frescura con cada escoita e remataba por facerse repetitivo e previsible co tempo.
Agora, un ano despois do lanzamento do seu debut, chega o primeiro adianto do que será o seu segundo traballo, que levará por nome The Vaccines come of age, algo así como "The Vaccines xa van tendo unha idade", toda unha declaración de intencións. Para este segundo LP poden seguir o camiño do pop-rock facilón e directo, que non lles vai nada mal, ou evolucionar hacia un son, como insinúa o título do disco, máis maduro e elaborado.
O primeiro adianto do disco, que coñecimos hoxe e podes escoitar no vídeo, atópase a medio camiño entre as dúas propostas, pero segue sonando completamente a The Vaccines. Para saber máis teremos que agardar polo lanzamento do disco, que chegará o próximo 3 de setembro. Se non podes esperar tanto, sempre podes pasarte polo Festival Internacional de Benicàssim no que actuarán en xullo deste mesmo ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario