lunes, 12 de marzo de 2012

The Hives volven con 'Go Right Ahead'

Pasan os anos, pasan os discos e the Hives seguen tan divertidos coma sempre. Isto sabémolo especialmente os que tivemos a sorte de velos en directo; a enerxía que pon sobre o escenario a banda sueca é un espectáculo.
The Hives levan uns anos de xira por medio mundo. En 2009 pasaron pola Coruña para facer bailar ás 15.000 persoas que se xuntaron na praia de Riazor. Uns días máis tarde estiveron en Barcelona facendo tremer a Cidade Condal, e hai menos dun ano foron cabezas de cartaz no madrileño festival Dcode.
E hoxe, cinco anos despois do seu último disco, chega Go right ahead, o primeiro adianto do que será o seu quinto álbum, Lex Hives. Pódela escoitar na web da Rolling Stone.
Fixéronse esperar máis do normal, pois polo xeral os seus discos estaban separados por un período de entre 3 e 4 anos. O novo álbum chegará en xuño, e daquela poderemos comprobar se a espera pagou a pena.

No hay comentarios:

Publicar un comentario