lunes, 19 de marzo de 2012

Escoita o novo disco de Blood Red Shoes

Semella que a formación batería-guitarra está máis de moda ca nunca; se hai uns anos eran The White Stripes os principais representantes desta, digamos, disciplina, hoxe The Black Keys ou Blood Red Shoes recolleron o testigo, e non se lles da nada mal. Os primeiros asinaron un álbum espléndido a finais do ano pasado, e semella que Blood Red Shoes non queren quedar atrás.
O lanzamento estaba previsto para o 26 de marzo, pero debido ás filtracións a banda británica decidiu colgar o disco na Rede. O que coñecíamos do álbum xa tiña boa pinta, nomeadamente a canción do vídeo que abre esta entrada, mais logo dunha escoita semella que o nivel se mantén en todo o elepé. Os británicos profundizan en In time to voices, que así se chama o álbum, nesa sorte de post-punk escuro que tan bos resultados lles deu ata hoxe. E soa moi ben.
In time to voices chegará ás tendas en unha semana, pero xa podes escoitalo ao completo aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario