lunes, 12 de marzo de 2012

Xoel López publica 'Tierra', adianto do seu novo disco

Ao revés do que é habitual no mundo da música, Xoel López dicidiu facer unha pausa na súa carreira cando comezaba a voar alto. Marchou a Sudamérica, deu concertos por medio mundo ante un público que boa parte das veces non sabería nada del e volveu a tocar en locais pequenos ou bares. Como volver a comezar de cero. Os discos Fin de un viaje infinito e Reconstrucción foron, para crítica e público, os mellores, os que o levaron a unha posición privilexiada dentro do pop en español. Eses LPs foron os últimos publicados baixo o nome de Deluxe, que era sinónimo e pseudónimo dun Xoel que dende agora fará música co seu propio nome.
O primeiro álbum da etapa post-Deluxe será Atlántico, que chegará ás tendas o próximo 17 de abril. Ata entón teremos que conformarnos co single de adianto que acaba de publicar, Tierra, que ven acompañar á xa coñecida Hombre de ninguna parteO disco soará como os temas de adianto, acústico, lixeiro, con influencias de outras músicas, conectando, como di el, América e España, reflexando "novas vivencias e novos sentimentos".
Tierra xa está dispoñible en Spotify para mercar ou escoitar en streaming e tamén, telo a continuación, na súa canle de YouTube.


No hay comentarios:

Publicar un comentario