miércoles, 21 de marzo de 2012

Versións dos Heredeiros

Dende comenzos deste ano, as boas novas en canto a grupos galegos veñen da man de Heredeiros da Crus. O pasado 3 de marzo fixeron "josar" a todos os que tiveron a fortuna de velos en Ordes, pero esta non será a única actuación do grupo no que é a "volta dos máis jrandes", xa que dispoñemos de duas novas datas para poder "josar" da sua música.

A primeira data será o 30 de xuño no Derrame Rock en Ourense, e a segunda o 14 de xullo no Nordestazo Rock de Malpica. Duas estupendas datas para poder disfrutar deles e doutros moitos grupos na nosa terra.

Para que vos vaiades preparando para as datas de concertos, recuperamos unha entrada recurrente en Rocking Na E-ira, as entradas de Versións de grandes cancións, neste caso adicada ós "Heredeiros da Crus".

Comenzamos falando do seu coñecidísimo "Vaiche Boa" do disco de 1997 "Des Minutos", versión do tema "My Sharona" da banda californiana The Knack.


E a orixinal "My Sharona" para que comparedes.


Non contentos con facer esta xenial adaptación dun clásico, no 2001 tentaron publicar un disco de 14 temas versionando grandes clásicos do Rock. O disco en cuestión chamase "Recambios Tucho: 14 Cansiones Recautuchadas", pero desgraciadamente non puideron publicalo, por problemas para obter os dereitos dos temas versionados.

Noutras entradas de versións mostraremos todas as cancións que poidamos obter deste disco non publicado, namentres, un pequeno adianto. "Juele a cona Beibe" versión do "We're Not Gonna Take It" da banda americana de glam metal Twisted Sister.


E como non, a orixinal "We're Not Gonna Take It".

No hay comentarios:

Publicar un comentario