viernes, 10 de febrero de 2012

Escoita 'Machine Gun Silhouette', a nova canción de Jack White en solitario

Case todo o que fai Jack White crea unha expectación enorme. A disolución de The White Stripes, hai algo máis dun ano, provocou un terremoto no mundo da música cuxas réplicas aínda se deixan sentir hoxe. O novo disco do prolífico músico, Blunderbluss, chegará ás tendas o 23 de abril. Para moitos é, dende o momento no que se anunciou o lanzamento, un dos discos máis esperados deste 2012.
O primeiro sinxelo do álbum, Love interruption, pódese escoitar dende o pasado 30 de xaneiro, e dende hai uns días circula pola rede a que será a cara B do single e que podes escoitar aquí, Machine Gun Silhouette. Dous temas moi interesantes e moi distintos, un bastante máis animado que o outro, que nos deixan con moitas ganas de que chegue abril.

No hay comentarios:

Publicar un comentario