martes, 31 de enero de 2012

Foo Fighters estrean vídeo para These Days

Para acompañar ao single, que foi lanzado o pasado 6 de xaneiro, Foo Fighters presentaron hoxe o vídeo de These Days, un dos temas que compoñen o último disco da banda, Wasting Light. A gravación, que non ten moito de novidosa, mostra ao grupo actuando durante os concertos que deron en Australia a finais de 2011.
Un vídeo moi simple, pero que transmite a enerxía e a forza que caracteriza os concertos de Foo Fighters, como demostraron o ano pasado cando visitaron Madrid e Barcelona. Aínda que foi lanzado hai cerca dun ano, Wasting Light, como vemos, segue en perfecta forma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario