viernes, 10 de febrero de 2012

Metallica xa ten festival propio

A banda americana de Heavy metal Metallica deu unha gran noticia este martes mediante unha entrevista que puidemos seguir por streaming, e que inda se pode ver nesta web. A gran nova é que a partir deste verán farán o seu propio festival chamado Orion Music + More, onde durante dous días (23 e 24 de xuño) xuntaranse 22 grupos elexidos pola propia banda na cidade de Atlantic City, New Jersey.


Pero non vos preocupedes, eles mesmos tocarán as duas noites e o farán dun xeito especial, a primeira tocarán integramente o "Black Album" para celebrar o vixésimo aniversario do disco, e a segunda o "Ride the Lightning".

Polo momento coñecense 16 dos 22 grupos do primeiro festival made in Metallica.
Arctic Monkeys
Avenged Sevenfold
Modest Mouse
The Gaslight Anthem
Cage The Elephant
Fucked Up
Best Coast
Hot Snakes
Titus Andronicus
Gary Clark Jr.
Lucero
Roky Erickson
The Black Angels
The Sword
A Place to Bury Strangers
Liturgy

A espera de algunha confirmación máis, o mellor será quentar un pouco co Black Album.

No hay comentarios:

Publicar un comentario