jueves, 26 de enero de 2012

Concerto dos Heredeiros da Crus

Ampliamos a información sobre o concerto dos Heredeiros da Crus que adiantábamos fai uns días, coa noticia de que dende hoxe xa están a venta as entradas en puntos de venta dixitais, concretamente en TicketMaster e en Airapro ó precio de 15 € + gastos de venta anticipada.
A partir de mañá poderanse mercar as entradas en tendas físicas, no seguinte enlace podedes comprobar en que tendas e localidades podedes mercar a vosa entrada. Unha enorme cita que non nos debemos perder o 3 de marzo na discoteca LP-45 en Ordes. Nos intentaremos non faltar.


Actualizamos, en TicketMaster están agotadas as entradas, non fixo falta nin un día. En Airapro inda están dispoñibles. Non esperedes moito para compralas, non vaia ser...

No hay comentarios:

Publicar un comentario