jueves, 19 de enero de 2012

Volven os máis jrandes

Noticia confirmada, as 18 desta tarde estaba convocada unha rolda de prensa na facultade de xornalismo para anunciar unha gran noticia, os "máis jrandes" do rock bravú, Heredeiros da Crus, volven a subirse os escenarios despois de 8 anos da súa separación. Como eles mesmos din no seu twitter @HDC20anos volven os máis jrandes para celebrar o seu 20 aniversario.

"Demonos conta de que había xente con gañas de que volvéramos"

Volven os máis jrandes.

"Cunha proposta musical que será sobre o estilo dos Heredeiros de sempre" falan do que de momento é o único concerto confirmado, o 3 de marzo en Ordes na discoteca LP-45. Sen noticias de novo disco nin de máis concertos, ansiamos que volvan para regalarnos moitos máis discos, directos e temazos coma este.

No hay comentarios:

Publicar un comentario