viernes, 2 de diciembre de 2011

Xa podemos escoitar 5 cancións do novo de The Black Keys

Os fans de The Black Keys temos feita unha marca no día 6 de decembro dos nosos almanaques, pois ese día chegará o séptimo álbum de estudo da banda de Ohio, El Camino. Xa falta pouco, mais ata que chegue a data podemos saciar o noso apetito escoitando as cinco cancións que o grupo fixo dispoñibles na sua web. Para escoitalas só é necesario dar unha dirección de correo-e (a min por agora non me bombardearon con spam, espero que sigan así) e especificar dende onde accedemos á web dando un código postal e seleccionando o país de orixe dunha lista.
Os cinco temas de adianto teñen unha pinta verdadeiramente boa. O duo (trío en ocasións) atópase, probablemente, no mellor momento da súa carreira, e semella que se atopan cómodos no blues-rock de baixa fidelidade que tan bos resultados deu no seu anterior álbum, Brothers. Haberá que agardar uns días para sacar conclusións acerca do disco, mais as expectativas polo de agora son moi boas. E a ver se agora que acaban de anunciar xira norteamericana se deciden a visitar o noso país, que farían feliz a máis de un.

No hay comentarios:

Publicar un comentario