jueves, 1 de diciembre de 2011

Fortunate Son

Fortunate Son é unha canción publicada en 1969 polo grupo estadounidense de rock Creedence Clearwater Revival, convertindose dende a sua publicación, nunha das cancións máis representativas do movemento antibélico contra a guerra de Vietnam a finais dos 60 en Estados Unidos.

A letra conta a historia dun home que é reclutado para a guerra de Vietnam, e que non é fillo dun senador, ou dun millonario, que non é un fillo afortunado ("fortunate son").

Unha canción de gran importancia na sociedade americana, asi é, que a lista de artistas que versionaron este tema é enorme. Calquera delas podería ser facilmente unha das nosas entradas de versións, pero despois de escoitar moitas, dende Rocking na E-ira quedamonos coa orixinal. Disfrutadea.

No hay comentarios:

Publicar un comentario