domingo, 4 de diciembre de 2011

Radiohead actuarán no Bilbao BBK Live

Víñanse escoitando rumores dende hai semanas e remataron por ser certos: Radiohead son o primeiro grupo confirmado para a edición de 2012 do festival Bilbao BBK Live. A noticia é especialmente importante pois a data é exclusiva para España, de xeito que non actuarán en ningún outro festival do estado, aínda que haberá outra posibilidade de velos sen ir demasiado lonxe, pois uns días máis tarde estarán no Optimus Alive de Lisboa.
A banda británica, que con toda seguridade será cabeza de cartaz, actuará o 13 de xullo, é dicir, na segunda xornada do evento. A última vez que subiron ao escenario dun festival foi en 2009, no Festival Internacional de Benicàssim que, por certo, este ano se celebrará na mesma data. A competencia será forte, sen dúbida, e, coa confirmación de Radiohead, o primeiro tanto é para o Bilbao BBK Live.

No hay comentarios:

Publicar un comentario