martes, 6 de diciembre de 2011

As visitas ó médico de Ozzy Osbourne

Se fai uns días falabamos do regreso os escenarios da banda Black Sabbath nesta entrada, hoxe mostramosvos como son as visitas ó medico do que era, e voltará a ser, o cantante da banda, Ozzy Osbourne.

Coñecido como o padriño do heavy metal, este membro fundador de Black Sabbath despois de toda unha vida de alcohol, drogas e desenfreno, recolle nas suas memorias, I am Ozzy "Confeso que bebín", unha subrealista conversa dunha visita ó médico. Podedes ler a conversa co médico neste artigo da revista Rolling Stone.

Despois desta sorprendente conversa co médico, un preguntase como é posible que os seus 63 anos, e despois de todos esos excesos, continue como se nada. Pois para resolver esa pregunta, unha empresa americana realizoulle un estudio xenético para comprobar cales eran as causas da sua lonxevidade, a pesar de que as drogas e o alcohol deberian ter acabado con el fai moito tempo. Podedes ver as conclusións do estudo aquí.

"Tendo en conta as piscinas de alcohol que traguei cos anos, por non falar de todas as drogas que consumín, non hai realmente ningunha razón plausible pola que deba estar vivo." Ozzy Obourne

No hay comentarios:

Publicar un comentario