miércoles, 7 de diciembre de 2011

John Lennon

Tal dia como hoxe, un 8 de decembro de 1980, un fan terminaba coa vida de John Lennon na porta do seu edificio en Nova York. Nunha fatídica noite na que David Chapman, terminaba coa vida do ex Beatle mediante cinco disparos. Tres semanas despois de que Lennon publicara o álbum Double Fantasy, tras estar cinco anos retirado. Este mesmo disco foi o que lle firmou Lennon ó seu asesino unhas poucas horas antes de que este acabara coa sua vida.

Recoñecido xunto o seu compañeiro Paul McCartney, como un dos compositores máis influintes e trascendentes do século XX, provocou un enorme impacto cultural na música. Da sua etapa nos Beatles, de 1962 a 1970 pouco máis que dicir que son considerados como a banda máis exitosa e aclamada da historia.

Nos últimos anos da sua carreira destacou polo seu activismo politico, en contra da guerra e polos dereitos civiles, boa mostra disto é unha das suas obras de arte, o seu enorme Imagine onde nos fai ver cales son as cousas que nos separan dun mundo mellor, e nos axuda a imaxinalo.



Podedes botarlle un ollo a letra aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario