jueves, 8 de diciembre de 2011

O festival Sónar despídese da Coruña

O festival de música avanzada Sónar, que no ano 2010 chegou a Galicia da man do Xacobeo, segue medrando e este ano celebrarase en tres cidades, mais, por vez primeira, non na Coruña. Porén, a edición de 2012 expandirase internacionalmente e terá como sedes Barcelona, Tokyo e São Paulo. 
Hai días que se comentaba que a organización do Sónar podería prescindir da cidade herculina, mais a confirmación chegou na edición de hoxe de El Ideal Gallego. O xornal sinala como posibles causas a baixa cantidade de abonos vendidos e as queixas dos participantes, que consideraban que os cabezas de cartaz tocaban demasiado cedo e que demasiadas actuacións se solapaban.
É o segundo grande evento musical que deixa Galicia logo do Xacobeo. O primeiro foi o MTV Galicia, que só tivo unha edición, e iso que dende a organización se aseguraba que o festival tería continuidade máis aló do ano santo. Unha mágoa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario