martes, 29 de noviembre de 2011

Versión de Land of a Thousand Dances

Land of a Thousand Dances é unha canción composta en 1962 polo cantante americano Chris Kenner e que apostaria o que fose que todos a escoitamos algunha vez. Un tema coñecidisimo por un estribillo que non ten nin letra, "na na na na na".

Foi unha versión a cargo de Wilson Pickett quen a fixo famosa. Tendela aquí, atentos o xovencisimo Letterman.

Inda que Wilson Pickett fixera a canción famosa, gran parte do público recorda o tema nunha fermosa voz feminina, e asi é, a gran Tina Turner tamen fixo a sua adaptación, que seguro que xa vos sona máis, aquí a tendes.

Cunha lista interminable de artistas que intentaron dalle o seu toque a este fermoso tema, Ted Nugent, cantante e guitarrista de hard rock americano, encargouse de levala a un terreno máis rockeiro, facendo dela unha canción imposible de oir sen moverse.

No hay comentarios:

Publicar un comentario