jueves, 22 de diciembre de 2011

Baker Street

Baker Street é unha canción do músico escoces Gerry Rafferty de 1978, que leva o nome dunha coñecidisima rua londinense, famosa por aloxar na ficción o domicilio do detective Sherlock Holmes.

Un tema que destaca polo son do saxofón, mediante uns solos que orixinalmente estaban pensados para unha guitarra, pero que afortunadamente non se levou a cabo. Un fermoso tema que seguramente coñezades por outra versión que non é a orixinal.



A versión da que vos falaba antes, aparecida nun capitulo dos Simpsons, no do saxo de Lisa.

Xa como ultimo apunte, Gerry Rafferty tamen compuso outro temazo moi coñecido, esta vez xunto a sua banda Stealers Wheel, a canción "Stuck in the Middle with You" que seguro que recordaredes da película Reservoir Dogs de Tarantino, xusto na escena da tortura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario