martes, 13 de diciembre de 2011

Versión Higher Ground

Continuamos coas entradas de versións, neste caso cun tema funk do cantante e compositor americano Stevie Wonder, un gran activista social, que conta co record de ser o artista vivo con máis premios Grammy, 24 posue. Moi coñecido pola forma de tocar o piano, tamén destaca por dominar moitos outros instrumentos, todo esto sendo invidente, o que resulta impresionante.

A canción da que falamos chamase Higher Ground, e foi versionada no 89 polo grupo de rock Red Hot Chili Peppers, lanzandoa como sinxelo do seu álbum Mother's Milk. Facendo dela unha versión excelente, sen perder a base funk do tema que invita a moverse dende o comenzo.



E para que comparedes por vos mesmos cal preferides, a orixinal do enorme Stevie Wonder.

No hay comentarios:

Publicar un comentario