jueves, 22 de diciembre de 2011

Paul McCartney anuncia novo disco

Nestas datas próximas ao fin de ano é habitual ver por Internet listas musicais do mellor de 2011 e do máis esperado de 2012. Paul McCartney non adoitaba aparecer en ningunha delas, pero agora acaba de meterse de cheo, con seguridade, na dos álbumes máis esperados para o ano que entra; a través da súa páxina web chega a confirmación de que o ex-beatle prepara novo disco.

O traballo, que aínda non ten título, foi gravado en Los Ángeles, Londres e Nova York. Constará de varias versións dos temas que lle serviron de inspiración nos seus anteriores lanzamentos, ademais de dous temas completamente novos. Contará coas colaboracións de Eric Clapton e Stevie Wonder en ‘My Valentine’ e ‘Only Our Hearts’, respectivamente.

O disco chegará ás tendas o 7 de febreiro de 2012.

No hay comentarios:

Publicar un comentario