lunes, 31 de octubre de 2011

Disco recomendable II: Sgt. Pepper's Lonely Hearts


Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band publicado en 1967 é o octavo disco da banda inglesa The Beatles. Banda de Rock formada en Liverpool en 1960 por John Lennon, Paul McCartney, George Harrison e Ringo Starr, é considerada como a banda máis exitosa e aclamada da historia.

Este álbum é citado pola crítica como unha das mellores obras dos Beatles e un dos discos máis influintes da historia, ocupando o primeiro posto da lista dos 500 mellores ábums de todos os tempos pola revista Rolling Stone.

Nas 13 cancións do álbum levase ó límite o concepto do rock, agregando orquestacions, instrumentos hindús, grabacións tocadas o revés e sons de animais. Rock, music hall, baladas, jazz e ata música oriental mezclaronse na realización do disco.


O albúm destacaba tanto pola sorprendente música como pola portada na que os catro Beatles aparecian disfrazados de sarxentos, diante dun collage de rostros célebres entre os que se atopaban Marilyn Monroe, Marlon Brando, Edgar Allan Poe, Aleister Crowley, Bob Dylan ou Karl Marx. Ademáis foi o primeiro disco que se vendeu coas letras das cancións impresas por petición expresa dos músicos.

Parecen razóns suficientes para escoitalo, de aperitivo "A Day in the Life", disfrutade.



Por se sodes curiosos, a lista completa das imaxes da portada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario