viernes, 4 de noviembre de 2011

Versión de Whole Lotta Love

Se con unha canción de Led Zeppelin comenzavamos co proxecto deste blog musical nesta entrada, hoxe mostramosvos unha abraiante versión dun tema coñecidísimo desta banda. A canción en cuestión é Whole Lotta Love que abre o segundo álbum da banda, Led Zeppelin II publicado en 1969, un dos seus temas máis exitosos.

A versión que vos mostramos corre a cargo de Michael Winslow, que seguramente non vos sone polo nome, nin pola sua música, xa que a sua profesión é a de actor. O papel polo que todos o coñecemos é polo do Sarxento Larvell "Motor Mouth" Jones nas películas Tola Academia de Policia. Nesta versión utiliza a sua voz para emular os instrumentos da canción, agas o son da guitarra, e a vez cantar imitando a Robert Plant, unha auténtica xenialidade que parece incrible dun home a quen apodan "o home dos 10000 sons", non sen motivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario